O programa de cross escolar reunirá en seis carreiras a 1.500 nenos e nenas a partir do domingo
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou hoxe o programa municipal de cross escolar Concello de Vigo 2016, as seis probas que durante o ano celebraranse na cidade para fomento do atletismo entre os estudantes máis novos.
O edil, que estivo acompañado por representantes das organizacións (César Costas polo CEIP Párroco Don Camilo; Marina González polo colexio Monterrey; Leandro Rodríguez, CEIP Coutada Beade; Ramón Rodríguez e David Morales, A.D. El Castro San Miguel; e Rebeca Asla, CEIP Frián), amosouse "moi satisfeito" pola continuidade desta acción municipal, desenvolvida coa organización da Agrupación de Xóvenes Atletas e o patrocinio do Concello, encargado de aportar toda a loxística (arco de saída, megafonía, valas e dorsais), medallas para os participantes e unha bicicleta para sortear en cada proba.
O responsable político da actividade física nesta cidade sostivo que "o deporte de base é unha prioridade do noso goberno municipal" e subliñou a importancia deste circuíto, que comeza o domingo co XXVII Cross Colexio Párroco don Camilo (10:00 horas) e que toca varias parroquias do municipio (Comesaña, Castrelos, Beade, Teis e Bembrive).
Trala proba dominical, as seguintes competicións marcadas son o VI Cross Monterrey (13 de marzo), XL Cross Coutada Beade (10 de abril), XXXVII Cross Mosteiro Bembrive (17 de abril), XXI Cross El Castro San Miguel (9 de outubro) e o II Cross Frián (data por determinar).
O programa suporá que 1.500 nenos e nenas compitan nestas probas, é dicir, uns catro mil participantes na suma das seis carreiras.
Descargar todas as imaxes