"Cinema e Muller" en Vigo
A próxima semana as mulleres serán protagonistas da man do proxecto "Cinema e Muller", unha proposta multidisciplinar que procura dar visibilidade á creación artística e cinematográfica das mulleres a través de proxeccións, charlas e dunha película colaborativa conformada por dez microcurtas dirixidas por cineastas.
A proposta á unha iniciativa da Deputación de Pontevedra para visibilizar o cine feito por mulleres polo 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, a través de proxeccións, charlas e da creación dun filme a partir de dez curtas dirixidas por cineastas da provincia.
A proposta programa un filme colaborativo duns 45 minutos composto pola suma de dez microcurtas de temática de xénero dirixidas por outras tantas cineastas da provincia e inclúe un ciclo de charlas e proxeccións sobre mulleres, cine e feminismo. A estrea do filme será o mércores, 16 de marzo, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal do Concello, presentándose ao día seguinte no auditorio do Museo de Pontevedra.
Editarase tamén un DVD cun folleto explicativo que se divulgará por mostras e festivais, ademais de ser remitido a institucións, colectivos, centros educativos, bibliotecas públicas e asociacións que o soliciten.
Ademais, están previstas sendas mostras de cine en Pontevedra (11 e 12 de marzo) e en Vigo (14 e 15 de marzo, no Auditorio do Concello). Este proxecto complétase cun ciclo de charlas, o 17 e o 18 de marzo, de 10:30 a 14 horas, no Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Cada sesión contará con tres charlas de especialistas e debate, para concluir coa proxección da película colaborativa. Trátase de facer unha aproximación teórica ao tempo que se proxectan traballos de cineastas da provincia. O ciclo de charlas pecharase cunha festa de mulleres creadoras, con proxeccións e sesións de música e audiovisuais, o venres 18 de marzo ás 21 horas, no entorno da Colexiata de Vigo.
Descargar todas as imaxes