mércores, 22 feb 2017
A Corporación de Vigo posicionouse este mércores a favor do personamento, co respaldo do PSOE e da Marea, e a abstención do PP. O voceiro socialista, Carlos L. Font, denunciou a utilización "perversa" dos xulgados por parte do goberno autonómico e recordou que apoian a Área municipios de cinco cores políticas distintas que representan ao 84% da poboación metropolitana.
mércores, 22 feb 2017
O edil de Facenda, Jaime Aneiros, presentou este mércores os datos correspondentes ao último trimestre do pasado ano, no que se efectuaron case 6.000 pagos por importe de 39,5 millóns. Con quince días desde a recepción dos bens ou servizos, o Concello de Vigo está á cabeza das cidades españolas, resultado da "boa xestión" do goberno vigués.
mércores, 22 feb 2017
A Corporación de Vigo reclama á Xunta que incremente as partidas adicadas a Vigo nos orzamentos de 2017, a través dunha moción presentada polo PSOE. Na sesión plenaria deste mércores tamén se aprobou pedirlle a Feijó que responda por un "tuit" de mofa de Rueda tras a derrota do Celta.
luns, 30 xan 2017
O Pleno da Corporación de Vigo aprobou esta mañá reclamar á Xunta a retirada do recurso contencioso administrativo que interpuxo contra a Área Metropolitana de Vigo. Na sesión desta mañá, PSOE e Marea tamén coincidiron ao reclamar á Xunta a inscrición da Área Metropolitana no Rexistro de Entidades Locais de Galicia. O grupo popular votou en contra de ambas iniciativas.
luns, 30 xan 2017
Acordo entre os grupos popular e socialista para requerir do goberno autonómico melloras no servizo que ofrece este centro de saúde no prazo de seis meses, adoptando o horario de tarde e adecuando recursos técnicos e humanos ás necesidades asistenciais da poboación de Navia.
luns, 30 xan 2017
A moción, presentada por Marea de Vigo e aprobada co apoio do PP e a abstención dos socialistas, demanda o cumprimento dos convenios internacionais en materia de asilo e refuxio e o respecto dos dereitos humanos nas fronteiras así como a protección das persoas máis vulnerables.
martes, 27 dec 2016
A Corporación aprobou definitivamente o orzamento de 2017, que ascende a 233 millóns, cos votos do goberno de Vigo e a negativa da oposición. O edil de Facenda, Jaime Aneiros, citou o gasto social, os investimentos e o emprego como liñas prioritarias, salientando que o Concello non ten débeda algunha cos bancos.
martes, 27 dec 2016
A moción socialista, que foi aprobada cos votos favorables de Marea de Vigo, defende que se modifique o proxecto de obras de forma "madurada e consensuada" para evitar arranxos posteriores.