mércores, 26 xul 2017
A Corporación respaldou este mércores a modificación orzamentaria para investir os máis de 18 millóns procedentes do superávit do Concello no pasado ano. O goberno vigués acometerá unha decena de humanizacións, cinco macro parques infantís e dous parques de skate, ademais de destinar outros 4 millóns á expropiacións de solo para a Universidade de Vigo.<br />
mércores, 28 xuñ 2017
O Pleno asumirá a vontade política de impulsar a Festa da Reconquista de Vigo para que sexa declarada "Festa de Interese Turístico Nacional". Así se decidiu na sesión desta mañá, coa aprobación dunha moción socialista na que se detallan os méritos que converten esta celebración na candidata ideal a este recoñecemento.
mércores, 31 mai 2017
A moción de Marea de Vigo traslada o apoio da cidade ao persoal do sector e sostén a necesidade de superar a incerteza xerada dende a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea de 2014 cun pacto que respecte os dereitos dos traballadores.
mércores, 29 mar 2017
A moción socialista, defendida pola concelleira de Urbanismo, foi aprobada coa abstención do PP e de Marea de Vigo. María José Caride considera unha "chapuza" que a Xunta de Galicia, titular dos edificios e coa obriga de facelo, se negue a cedelos á Universidade e inste a Zona Franca a comprarllos para despois cederllos esta á institución académica.
mércores, 29 mar 2017
O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, expuxo no Pleno o marco orzamentario enviado ao Ministerio de Facenda coa previsión de ingresos e gastos do exercicio 2017. Tamén deu conta da Memoria do Tribunal Económico-Administrativo de 2016 que experimentou un leve crecemento na actividade respecto ao ano anterior.
mércores, 29 mar 2017
A unanimidade do Pleno deu luz verde á moción na que Marea de Vigo demanda o uso do edificio tendo en conta as carencias de servizos públicos neste eido en Vigo e na comarca. Ademais, quedou aprobada a moción popular que insta ao goberno local a concretar as condicións da concesión administrativa do Estadio de Balaídos ao Celta.
luns, 13 mar 2017
A proposta da Alcaldía require do goberno autonómico que financie a renovación do estadio ao mesmo nivel que Concello e Deputación, ao tempo que reclama á Zona Franca que convenie co goberno vigués a construción dun aparcadoiro en Balaídos.
mércores, 22 feb 2017
A moción de Marea de Vigo saíu adiante cunha emenda de substitución do PSOE demandando ao Goberno español un Decreto-lei para cambiar o actual equilibrio orzamentario e do teito de gasto, de maneira que os municipios poidan destinar o superávit ás súas competencias.