Vigo é a primeira gran cidade de España en pago a provedores
O Concello aboa os seus pagamentos nove días antes de que comece a contar o prazo legal para facelo, segundo expuxo na sesión plenaria deste mércores o edil de Facenda.
Jaime Aneiros deu conta no Pleno do informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigas previstas na Lei de Contratos do Sector Público correspondente ao segundo trimestre do ano, do que se desprende que Vigo se consolida no primeiro posto de prontitude de pago a provedores entre as urbes españolas de máis de 100.000 habitantes. Deste xeito, apuntou, o Concello "evita "tensións de tesourería, endebedamento e contribúe ao mantemento dos postos de traballo" das empresas provedoras. .
Segundo expuxo, o goberno municipal paga as súas facturas nove días antes de que comece a contar o prazo legal para facelo, fronte aos 26 días da Coruña, os 23 de Santiago e os 19,75 de Ourense ou os 29 de Barcelona, 42 de Madrid e 38 de Alacante e Sevilla.
O voceiro de Marea, Rubén Pérez, criticou que o Concello realizara menos pagos neste trimestre polo que considera que debe verse comparativamente o progreso deste dato, mentres o edil popular, Miguel Fidalgo, incidiu na execución baixa do orzamento municipal.
Ademais, na sesión plenaria, Jaime Aneiros deu conta do estado de execución dos gastos e ingresos do Orzamento, correspondente ao segundo trimestre de 2017 e do movemento de Tesourería que cualificou como "ordinario, normal e sen sobresaltos". Explicou que os recursos se destinaron ao emprego, melloras nos barrios, transportes sociais e bonobús, atención ás escolas infantís e limpeza, reparacións e enerxías de colexios, a biblioteca da UNED, axudas sociais, 3.400 bolsas de libros e comedor, campamentos de verán, as festas de Vigo e o Marisquiño.
Para o voceiro de Marea, Rubén Pérez, é "preocupante" que os recursos de emprego se executen ao final de ano, quedando aínda un millón e medio de euros sen executar e propón darlle uso ás partidas que non se empregaron como é o caso das destinadas á Panificadora, en lugar de destinalas ao Superávit, e esixiu tamén control sobre as concesionarias. Miguel Fidalgo, edil do PP, criticou o "pésimo" estado da execución orzamentaria e o feito de que a cidadanía viguesa sexa quen "paga os impostos máis altos de Galicia e a que menos recibe". O edil de Facenda replicou que Vigo ten a presión fiscal "máis baixa de Galicia", ao contrario do que sucede, dixo, onde gobernan os populares que teñen as taxas máis altas.