xoves, 27 xul 2017
A través da subvención do Fondo Social Europeo co que se formarán preto de 200 mozos vigueses de entre 16 e 30 anos en diferentes modalidades. Amais, o alcalde anuncia a próxima cubrición do patio do CEIP Virxe do Rocío, cun orzamento municipal de 275.000 euros e a sinatura de convenios por valor de 73.000 euros.
xoves, 27 xul 2017
Abel Caballero valorou positivamente o orzamento do Consorcio para 2018 que se debate esta tarde no Pleno de Zona Franca. As contas inclúen a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico (PTL), para a que o rexedor propón que as parcelas teñan o tamaño suficiente e poidan optar así grandes superficies como IKEA.<br />
xoves, 27 xul 2017
Tras a aprobación onte da moción, o alcalde e presidente da FEMP anunciou hoxe xoves o envío aos municipios españois do acordo adoptado en Vigo: que o Goberno de España adapte o imposto da plusvalía, que reserve recursos para afrontar eventuais indemnizacións aos cidadáns e que compense aos concellos pola merma de ingresos.
xoves, 27 xul 2017
Abel Caballero e a secretaria comarcal de CCOO, Amelia Pérez, asinaron hoxe xoves un acordo de colaboración por importe de 15.000 euros. O obxectivo deste acordo -que tamén se asina con UXT e CIG- é cooperar caos actividades da entidade dada a importante labor que realizan en favor dos e das traballadoras. <br />
xoves, 27 xul 2017
Abel Caballero quixo este xoves ofrecer unha despedida de carácter institucional ao capitán da comandancia da Garda Civil en Vigo, o seu "bo amigo" Antonio Iglesias Salas, que se retira e pasa á reserva activa. Alcalde e capitán mantiveron un encontro nas dependencias de Alcaldía.
xoves, 27 xul 2017
Abel Caballero recibiu este xoves na Alcaldía a un grupo de estudantes da Universidade de Estudos Internacionais de Beijing, que están en Vigo como parte dun programa de inmersión lingüística e cultural. O rexedor, quen lles desexou unha "boa estadía" en Vigo, puxo en valor a relación existente con China.