O Pleno aproba adicar os 18 millóns do superávit de 2016 a humanizacións, parques infantís e á Universidade
A Corporación respaldou este mércores a modificación orzamentaria para investir os máis de 18 millóns procedentes do superávit do Concello no pasado ano. O goberno vigués acometerá unha decena de humanizacións, cinco macro parques infantís e dous parques de skate, ademais de destinar outros 4 millóns á expropiacións de solo para a Universidade de Vigo.<br />
O Pleno da Corporación Municipal aprobou este mércores a modificación orzamentaria con cargo ao superávit municipal do pasado ano, que supera os 18 millóns de euros. O punto saíu adiante cos votos favorables do grupo de goberno, a abstención do PP e a oposición da Marea.
O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, recordou que a posibilidade de investir o superávit municipal foi conseguida desde a presidencia da FEMP, a cargo do alcalde de Vigo. As entidades locais españolas poden gastar os 7.000 millóns do superávit correspondente ao 2016, entre este ano e o próximo. No caso de Vigo, esta xestión desde a presidencia da FEMP supón recursos por valor de 18.158.000 euros
Con cargo ao excedente municipal de 2016, e tal e como anunciara Caballero a pasada semana, o Concello acometerá unha decena de humanizacións, en María Berdiales, en Purificación Saavedra, na rúa Colombia, na Vía Norte, en Camilo José Cela, en José Frau, en Fátima, na conexión entre Sanjurjo Badía e o barrio das flores, na Avenida Atlántica e no anel exterior da rúa Álvaro Cunqueiro.
O goberno vigués reserva outros 2,2 millóns de euros para novos "macro parques infantís" na cidade, un en Pedro Alvarado (cun investimento de medio millón de euros), outro en Navia (por importe de 1,1 millóns), en Bouzas, en Barreiro e na Praza de Independencia, por 200.000 euros cada un.
O Concello conta tamén con 360.000 euros para parques de skate. Navia terá unha pista de skate deseñada polos mesmos profesionais que se encargan deste espazo no Marisquiño, cun investimento municipal de 300.000 euros. O segundo será a mellora do de Barreiro, por 60.000 euros.
O Concello fará fronte a sentenzas pendentes, ao convenio coa Zona Franca polo PTL por valor de 700.000 euros, e a outros catro millóns de euros para expropiacións de solo para a Universidade. A este respecto, a acción do goberno de Vigo se plasma no pago de 3.945.000 euros en concepto de terreos, con pagos á Comunidade de Montes de Zamáns (1.043.000 euros), á de Beade (55.000 euros) e á Entidade Local Menor de Bembrive (2.846.000 euros)
Conta Xeral de 2016
O Pleno da Corporación deste mércores validou a Conta Xeral municipal correspondente ao pasado ano, cos votos a favor do PSOE, a abstención da Marea e a negativa do PP. O edil de Facenda, Jaime Aneiros, puxo en valor o superávit colleitado pola administración local viguesa no 2016, que será adicado a atender as necesidades da cidadanía, a débeda cero do Concello de Vigo e que os vigueses reciben máis en servizos municipais do que achegan vía impostos, uns "bos resultados económicos" que permiten ao goberno vigués gastar "boa parte" dos recursos en benestar social, segundo citou Aneiros.
Pola oposición, o voceiro da Marea, Rubén Pérez, denunciou unha "pobre" execución do orzamento e un incremento na recadación sobre 2015, ademais de denunciar a desaparición do documento dos custos de explotación das concesionarias. Polo PP, Miguel Fidalgo definiu o 2016 como un "desastre, un ano negro", cun incremento da recadación do 3% e a falta de información das contratas.
Na quenda de peche, o concelleiro de Facenda replicou que a información recollida na Conta Xeral segue o modelo oficial do Ministerio e recordou que é un documento público. Aneiros defendeu que a recadación seguiu as previsións e cumpriu coa legalidade.