O Concello convenia coa Universidade o "aval científico" á candidatura das Cíes a Patrimonio da Humanidade
O alcalde, Abel Caballero, e o reitor, Salustiano Mato, asinaron este venres un acordo segundo o cal a Universidade, como líder do Campus do Mar, presidirá e coordinará o comité científico da candidatura impulsada polo Concello. Ademais, Caballero e Mato oficializaron hoxe a volta do despacho do reitor ao edificio municipal de Areal.