O goberno municipal cede unha vivenda para unha vítima de violencia de xénero e o seu fillo
A Xunta de Goberno Local aprobou amais o convenio coa Corporación Hijos de Rivera que achega 100.000 euros para o programa de festas de Vigo e as bases para a colaboración de empresas privadas coas actividades municipais. <br />
O alcalde informou este venres da autorización á cesión temporal dunha vivenda municipal de prestación social destinada ao acollemento temporal de mulleres vítimas de violencia de xénero que empregará unha muller e o seu fillo por un período de seis meses. Durante o tempo que permanezan nesta casa recibirán tamén apoio profesional educativo para o nenos e do tipo que sexa preciso para a nai.
A Xunta de Goberno Local tamén deu luz verde ao convenio de colaboración entre o Concello e a Corporación Hijos de Rivera que achega 100.000 euros para o desenvolvemento do programa Vigo en Festas 2017, algo que valorou o rexedor porque a empresa "amosa unha enorme capacidade de colaboración na cidade con diferentes institucións" e tamén co goberno municipal.
Ademais, quedaron aprobadas as bases reguladoras e a convocatoria para convenios de colaboración empresarial con entidades privadas para actividades socioculturais e de interese xeral organizadas polo Concello no Samaín, no Nadal, na Cabalgata de Reis, no Entroido e nas festas de verán. Segundo explicou Abel Caballero, este programa permite "abrir unha vía nova para as entidades que queiran colaborar para implementar a acción público-privada, tal e como facemos en VIDE" no ámbito deportivo. Con todo, malia as colaboracións, apuntou que o 98% das actividades festivas e 96% das deportivas son subvencionadas polo goberno local como organizador.