Escoitar

O Concello "musealizará" os vestixios da Finca Solita

O alcalde adiantou que o Concello investirá 250.000 euros na recuperación dos restos da edificación de estilo indiano de finais do século XIX, que será un espazo de desenvolvemento cultural, teatral e museístico.

venres, 28 xul 2017
Tras a autorización de Patrimonio, o Concello recuperará a Finca Solita, situada en Alcabre, nun "prazo breve de tempo e cun orzamento dun cuarto de millón de euros" co obxectivo de conformar un espazo de desenvolvemento cultural, museístivo, teatral e turístico.

Abel Caballero sinalou que os vestixios da finca serán "musealizados e postos en valor" para o uso cidadá e turístico, de maneira que o espazo se poderá visitar, percorrendo toda a finca que, coa intervención municipal, quedará asegurada, con firme novo e iluminada. Así, permitirá realizar escenificacións teatrais da época de finais do século XIX, cando se construíu a casa de estilo indiano, tal e como se está facendo na Finca Mirabell en Toralla coa época romana.