Pleno da Corporación
O Pleno esixe do Goberno de España máis voos do Imserso desde Vigo
mércores, 27 set 2017A moción presentada polo goberno vigués obtivo o respaldo de todos os grupos políticos no Pleno deste mércores. A Corporación reclama do Ministerio de Servizos Sociais máis voos desde Vigo, pois dous de cada tres viaxes aos que opta a poboación viguesa se operan desde Santiago.
O Concello demanda á Xunta que garanta as condicións de seguridade e saúde no colexio Rodríguez Castelao de Navia
mércores, 27 set 2017A moción do grupo do goberno de Vigo foi apoiada pola Marea, coa abstención do PP, e insta á Xunta de Galicia a que tome as medidas necesarias para garantir as condicións de seguridade e saúde do alumnado e persoal do CEIP Alfonso Rodríguez Castelao, actualmente en obras. <br />
A Corporación insta a Concello e Xunta de Galicia a reforzar o autobús ao Cunqueiro
mércores, 27 set 2017O Pleno aprobou este mércores unha moción presentada polo PP instando ao goberno de Vigo a reforzar o transporte urbano ao hospital Álvaro Cunqueiro, texto ampliado a iniciativa da Marea demandando da Xunta un transporte interurbano que facilite o desprazamento dos traballadores ao complexo hospitalario.
A Corporación avoga por reforzar os dereitos das mulleres en procesos de violencia de xénero
mércores, 6 set 2017O PSdeG e Marea de Vigo coincidiron esta mañá ao apoiar unha moción que vela pola garantía de dereitos en procesos de violencia de xénero. Defendida pola concelleira de En Marea, Margarida López, o texto reclama unha batería de medidas para favorecer a integración e recuperación social destas vítimas.
O Pleno acorda por unanimidade reclamar á Xunta o Plan Reitor de Uso e Xestión das Illas Atlánticas
mércores, 6 set 2017Os tres grupos municipais deron luz verde este mércores a unha moción socialista que insta á Xunta a elaborar "de xeito urxente" o Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque das Illas Atlánticas. Na mesma sesión plenaria tamén se aprobou outra iniciativa do PSdeG na que se esixen responsabilidades políticas pola "nefasta" actuación do goberno autonómico na decisión de non permitir o acceso ás Illas Cíes de miles de persoas o pasado 20 de agosto. <br />
As bonificacións fiscais recollidas nas Ordenanzas de 2018 superan os 7 millóns de euros
mércores, 6 set 2017O Pleno municipal aprobou inicialmente esta mañá as Ordenanzas fiscais de 2018 que manteñen a Vigo como a cidade con menor presión fiscal de Galicia, segundo datos do Ministerio de Facenda. Na sesión plenaria desta mañá, o goberno local desestimou as emendas presentadas pola oposición e deu luz verde ao primeiro paso para aprobar os orzamentos nun documento que prevé máis de 7 millóns en bonificacións.
O Pleno aproba a nova ordenanza de tenza de animais que permitirá habilitar praias caninas
mércores, 26 xul 2017A unanimidade da Corporación acorda tamén usar a toponimia tradicional no nome oficial de espazos da cidade e dá luz verde a poñer o nome de Miguel Ángel Blanco á futura praza da Xustiza viguesa.
A Corporación insta a Facenda a habilitar partidas para devolver o imposto de Plusvalías
mércores, 26 xul 2017A moción do grupo socialista saíu adiante coa unanimidade da Corporación que tamén aprobou, coa abstención de Marea de Vigo, a moción popular que demanda a suspensión do cobro do imposto nos casos nos que se acredite perda na venda.
Vigo é a primeira gran cidade de España en pago a provedores
mércores, 26 xul 2017O Concello aboa os seus pagamentos nove días antes de que comece a contar o prazo legal para facelo, segundo expuxo na sesión plenaria deste mércores o edil de Facenda.