O Pleno acorda por unanimidade reclamar á Xunta o Plan Reitor de Uso e Xestión das Illas Atlánticas
Os tres grupos municipais deron luz verde este mércores a unha moción socialista que insta á Xunta a elaborar "de xeito urxente" o Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque das Illas Atlánticas. Na mesma sesión plenaria tamén se aprobou outra iniciativa do PSdeG na que se esixen responsabilidades políticas pola "nefasta" actuación do goberno autonómico na decisión de non permitir o acceso ás Illas Cíes de miles de persoas o pasado 20 de agosto. <br />
A Corporación municipal de Vigo aprobou hoxe mércores por unanimidade unha moción para instar á Xunta de Galicia a que "de xeito urxente e inmediata" elabore o Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Natural Illas Atlánticas, un instrumento "imprescindible" para a xestión e conservación deste espazo natural. O defensor da iniciativa, o voceiro socialista Carlos López Font, censurou ao presidente da Xunta por recoñecer nas últimas horas que é "incapaz" de chegar a acordos para aprobar o documento.
López Font foi tamén o encargado de presentar outra das mocións relacionadas coas Illas Cíes que se aprobaron na sesión plenaria desta mañá. Nunha segunda moción socialista, que neste caso non obtivo o respaldo dos grupos da oposición, esixíronse responsabilidades políticas pola "nefasta" actuación do goberno autonómico na decisión de non permitir o acceso ás Illas Cíes de miles de persoas o pasado 20 de agosto. Na súa intervención, o voceiro do PSdeG criticou que o goberno galego se desentenda da súa responsabilidade culpando só ás navieiras, cando ten todas as competencias para xestionar o número de visitantes, controlar ás empresas e preservar o entorno. Logo de ratificar a necesidade de exista e se respecte unha cota de visitantes para preservar o ecosistema medioambiental, o texto socialista censura que desde a Xunta non se adoptaron medidas de control previo que evitaran situacións de caos como as vividas o pasado 20 de agosto. En opinión dos socialistas, a decisión da Xunta causou un dano "gravísimo" á imaxe das Cíes e do turismo da cidade de Vigo.