Escoitar

O alcalde reclama ao Imserso un reparto de voos que non penalice aos maiores de Vigo

Abel Caballero denunciou que a programación de viaxes para maiores do Imserso prima de novo ao aeroporto de Lavacolla, en detrimento de Peinador. Unha vez máis, o 70% dos maiores da área de Vigo terán que viaxar aos seus destinos vacacionais desde a terminal de Santiago.

luns, 4 set 2017
O alcalde reclamará unha vez máis ao Imserso e ao Ministerio de Sanidade e Servizos Sociais un reparto equitativo das viaxes para maiores que non obrigue ao 70% dos usuarios da área de Vigo a voar desde Santiago, tal e como volve suceder este ano. Na súa opinión, os maiores da nosa área volven ser prexudicados xa que vense obrigados, un ano máis, a viaxar polos seus medios a Pontevedra onde collen un autobús que os deixa na terminal aérea de Santiago. Caballero denunciou publicamente a desatención de 600.000 persoas co único obxectivo de beneficiar ao aeroporto de Lavacolla. Neste punto, lembrou que nin a Xunta nin o PP local apoian as demandas e os dereitos dos cidadáns do territorio de Vigo.