Caballero reclama á Xunta políticas de Xuventude para Vigo
O alcalde demandou esta mañá recursos para políticas de xuventude na cidade, logo de criticar a rebaixa de máis de 5 millóns de euros que a Xunta ven aplicando desde 2009. En declaracións aos medios, demandou ao goberno autonómico regresar aos estándares de investimento de hai 8 anos cando a partida era de 19,7 millóns e non de 14,2 como na actualidade