Escoitar

Caballero critica a ausencia de centros de referencia sanitaria en Vigo

Segundo sinalou o rexedor, os únicos centros de referencia de Galicia están en Santiago e A Coruña polo que demanda da Xunta máis recursos para formación e capacitación especializada na cidade.

xoves, 31 ago 2017
Abel Caballero apuntou este xoves que "todos os centros de referencia sanitaria en Galicia están en Santiago ou A Coruña, sendo Vigo a zona de máis poboación de Galicia, polo que deberiamos ter referencias de alta tecnoloxía en España".

Por este motivo, o alcalde demanda da Xunta de Galicia unha explicación da ausencia na cidade de centros de referencia sanitaria. Apunta que se trata de destinar recursos para a formación e a capacitación moi especializada nalgún ámbito sanitario, polo que entende que se lle dedican recursos a Santiago e A Coruña pero non a Vigo. Do mesmo xeito, Caballero critica que se reducise a poboación de referencia sanitaria de Vigo para darlla a Santiago, algo que "levamos anos reclamando" e que supón que a Xunta "promova a Santiago e non a Vigo".