O Concello subvenciona con 50.000 euros a participación de deportistas en competicións de alto nivel
O Concello convoca de novo as axudas para potenciar a participación de deportistas da cidade en competicións federadas de alto nivel. A subvención é de 50.000 euros e poderán solicitala deportistas individuais empadroados en Vigo ou os clubs que os representen.
O alcalde avanzou que ata o 19 de setembro poderán solicitarse as subvencións orientadas a potenciar programas de participación de deportistas en competicións oficiais de alto nivel para a temporada 2016-2017. Dotado con 50.000 euros, segundo as bases que onte martes publicou o BOP, serán subvencionables todos os gastos derivados directamente da participación, en competicións oficiais federadas de alto nivel como desprazamentos, combustible, transporte, aloxamento ou manutención. Poderán solicitar esta achega deportistas individuais empadroados en Vigo ou os clubs, en representación dos deportistas.