martes, 29 ago 2017
O rexedor deu conta esta mañá da reunión que mantivo onte luns en Madrid co ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, nun encontro no que acordaron que sexan as xuntas locais de seguridade as que decidan que medidas de seguridade adoptar en cada cidade. Tamén coincidiron ao resaltar a importancia na loita antiterrorismo das policías locais, con máis de 70.000 axentes en España.
martes, 29 ago 2017
O alcalde destacou esta mañá a excelente calidade das augas das praias que o Concello vén de habilitar para uso dos cans. Aos areais de Foz e Calzoa unirase unha máis en breve, segundo avanzou o rexedor.
martes, 29 ago 2017
"É impresionante", apuntou, tras visitar a decoración con imaxes das Illas Cíes no espazo de 120-130 metros que comunica a terminal de autobuses coas de metro e cercanías, polo que pasan cada ano 25 millóns de persoas.
martes, 29 ago 2017
Tras o encontro mantido este martes co novo presidente da entidade, Rafael Tapias Presa, o rexedor explicou que manterá o compromiso co Náutico incluíndo as actividades formativas que imparten dentro das escolas deportivas municipais.