Escoitar

O Concello investiu máis de 12 millóns en humanizacións no barrio de Coia desde 2008

O alcalde deu conta do investimento de máis de 12 millóns en obras de humanizacións realizadas en Coia desde o ano 2008. Así o dixo durante unha visita á recen remodelada avenida de Castelao na que se vén de investir 250.000 euros nas obras realizadas entre as rúas Redondela e Porriño.

xoves, 31 ago 2017
1504183331castelao.jpg
Máis de 12 millóns de euros investidos en humanizacións no barrio de Coia é o balance que avanzou esta mañá o rexedor, quen puxo en valor esta importante inversión municipal. Entre outras, referise á fase I da Avenida Castelao e entre os números 1-9) (610.714 euros); reparacións de pasos de peóns en rúa Grove (14,178 euros); rúa Estrada (1.281.680 euros); rúa Baiona (1,922.120 euros); rúa Marín (1.076.600 euros); rúa Redondela (993.680 euros); rúa Vilagarcía de Arousa (839.401 euros); rúa Cangas (514,181 euros); rúa Cangas (514.181 euros); rúa Moaña (690.267 euros); equipamento social e cultural Praza Miñoca (875.104 euros); mellora e posta en valor da rotonda Castelao (100.000 euros); rúa Rocío (30.249 euros); barrio Cordoeira (250.000 euros); eliminación das pasarelas da avenida Castelao e incorporación de novos pasos de peóns (30.000 euros). Tamén están en execución obras as obras da rúa Bueu (865.000 euros) e en período de licitación a cuberta do patio do colexio Virxe do Rocío (285.000 euros). Ademais, dixo, están en proxecto de redacción a mellora da accesibilidade do entorno de Bueu (900.000 euros) e o Padre Seixas (700.000 euros).

O rexedor deu conta destas obras durante unha visita á humanización da avenida Castelao -no tramo comprendido entre as rúas Porriño e Redondela- na que se investiron 250.000 euros. Renováronse 600 metros de tubaxes de abastecemento e saneamento, así como 820 m2 de beirarrúas de granito nunha actuación total de preto de 400 metros de lonxitude.
Descargar todas as imaxes