Caballero anima a degustar "o mellor marisco do mundo" na Festa desta fin de semana en Vigo
A XV Festa do Marisco de Vigo celébrase dende este xoves día 7 ata o domingo 10 no Porto Pesqueiro con propostas gastronómicas, xogos tradicionais e animación musical. Na presentación ao público desta mañá o alcalde convidou a toda a cidadanía a "saborear o marisco de Vigo porque como o de aquí non hai; é o mellor do mundo" apuntou, ao tempo que felicitaba á organización polo enorme traballo de desenvolver o evento ano tras ano con prezos accesibles e actividades ao longo de catro xornadas.
