xoves, 7 setembro 2017

O goberno municipal acorda "cooperación" co novo proxecto da Asociación de Veciños do Calvario

xoves, 7 set 2017

O alcalde recibiu este xoves a membros da nova xunta directiva da Asociación Veciñal a quen lles amosou o compromiso do Concello co seu labor. "Ofrecinlles toda a cooperación porque O Calvario é unha zona importante e queremos ter o máximo de presenza e acción". Nese sentido, indicou que tentarán impulsar o proxecto da entidade de maneira que o proceso de renovación non afecte á organización de eventos como a festa da alegría que facían cada ano. <br />

O rexedor sitúa á Festa do Marisco como mellor lugar de encontro da cidade estes días <br />

xoves, 7 set 2017

Caballero participou este xoves na inauguración da XV Festa do Marisco de Vigo, VigoMar 2017, no Porto Pesqueiro onde dende hoxe e ata o domingo se poderá degustar este manxar da nosa gastronomía a prezos populares. O alcalde salientou a importancia do sector pesqueiro na economía da cidade e puxo en valor o traballo da xente do mar, ao tempo que animou á cidadanía a participar da festa.