Escoitar

Concello e Deputación invisten máis de 200.000 euros na reforma do pavillón do IES de Beade

O alcalde e a presidenta da Deputación visitaron este mércores as obras de reforma dos vestiarios e de acondicionamento do pavillón polideportivo do IES de Beade que poderá ser usado polo instituto e polo deporte da cidade.

mércores, 6 set 2017
1504702656beade.JPG
"Será un gran pavillón", adiantou o rexedor, quen agradeceu á Deputación de Pontevedra que se "volcara" en facer esta obra e transformar a instalación deficiente noutra que poderá ser empregada polo IES e polo deporte de toda a cidade.

Abel Caballero e Carmela Silva visitaron hoxe as obras que se realizan na instalación, que se prolongarán dous meses e medio, e que teñen como obxectivo a reforma dos vestiarios e de acondicionamento do pavillón polideportivo. A Deputación destina 162.380 euros mentres o Concello achega 45.000 euros para dotar á parcela da conexión á rede de saneamento. Con todo, o rexedor apuntou que o investimento superará os 250.000 euros porque se engadirán outras demandas dos usuarios para as instalacións.

A presidenta da Deputación amosou a súa satisfacción por poder acometer o proxecto "deixando un pavillón en condicións óptimas con rigor, seguridade e respectando o cumprimento das normas", criticando que o seu goberno tivera que modificar o proxecto de obra inicial, asinado pola anterior Deputación, xa que non cumpría os mínimos requisitos técnicos, non incluía os vestiarios nin o saneamento, o que impedía a execución da obra. Lembrou tamén que estas obras son competencia da Xunta de Galicia.


Descargar todas as imaxes