As bonificacións fiscais recollidas nas Ordenanzas de 2018 superan os 7 millóns de euros
O Pleno municipal aprobou inicialmente esta mañá as Ordenanzas fiscais de 2018 que manteñen a Vigo como a cidade con menor presión fiscal de Galicia, segundo datos do Ministerio de Facenda. Na sesión plenaria desta mañá, o goberno local desestimou as emendas presentadas pola oposición e deu luz verde ao primeiro paso para aprobar os orzamentos nun documento que prevé máis de 7 millóns en bonificacións.
O goberno local someteu esta mañá a aprobación inicial as Ordenanzas fiscais de 2018 que prevén máis de 7 millóns de euros e ratifican a Vigo como a cidade galega con menor presión fiscal. Tal e como defendeu o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, se se ten en conta o gasto corrente por habitante e o esforzo inversor por habitante, o importe dos impostos pagados é menor que o que se recibe das arcas públicas municipais.
Na súa intervención, dixo que a Autoridade Fiscal Independente destaca o nivel de solvencia económica do Concello e, paralelamente, o nivel de satisfacción dos cidadáns cos servizos municipais coloca a Vigo á cabeza das cidades de España. Aneiros aludiu á necesidade de respectar a obrigación de estabilidade orzamentaria para que o gasto corrente estea cuberto con ingresos correntes, é dicir, a estabilidade interna do orzamento xustifica a necesidade de actualizar os tipos e tarifas dos tributos municipais. Todo isto nun contexto no que o IPC interanual (xaneiro 16-xaneiro 17) é do 3% (INE) e no que a taxa de referencia do crecemento do PIB sitúase no 2,6%.
O voceiro do goberno local tamén fixo referencia aos descenso das achegas dos fondos do Estado. Recentemente, explicou, publicouse o importe das entregas do Fondo Complementario de Financiación no que se confirma que esta redución tamén afecta na participación na cesión do IRPF, IVE e Impostos Especiais no que primeiro semestre xa supón máis de 500.000 euros.