O goberno local adicará 1,2 millóns de euros á mellora do pavimento de García Olloqui e Praza Compostela
O goberno local aprobou esta mañá a contratación dos traballos de mellora da pavimentación de García Olloqui e Praza Compostela por un importe de 1,2 millóns de euros e un prazo de execución de seis meses. O rexedor explicou que con esta actuación se arranxará a "chapuza" de humanización que realizou o goberno do PP en Vigo hai unha década.
O alcalde deu conta esta mañá da aprobación do expediente de contratación das obras de mellora da pavimentación da rúa García Olloqui e Praza Compostela, cun orzamento de 1.213.000 euros e un prazo de execución de seis meses. Concretamente, detallou vaise cambiar o pavimento actual por aglomerado, firme máis flexible que, polo tanto, produce menos ruído. A praza será máis permeable, dixo, con pasos de peóns máis anchos e, por último, modificaranse os puntos de luz existentes, recolocando os farois actuais e instalando iluminación embutida tanto nos pavimentos como nos alcorques das árbores. Na súa intervención, Caballero lembrou que esta zona foi humanizada polo PP hai unha década e criticou o feito de que sexa preciso actuar de novo para arranxar a "chapuza" que se fixo, algo similar ao acontecido en Marqués de Valladares.
Na mesma Xunta de Goberno tamén se deu luz verde á contratación do servizo de redacción do proxecto de obra de humanización de Emilio Pardo Bazán, entre Gran Vía e a Avenida de Arquitecto Palacios (antiga estrada provincial). A partir deste momento, o concesionaria ten 3 meses de prazo para redactar o proxecto e a partir de aí, arrancarán os traballos de mellora, que contan cun orzamento de 3 millóns de euros. Tal e como explicou o rexedor, trátase dunha obra conxunta entre Concello e Deputación de Pontevedra e, unha vez humanizada, o organismo provincial cederá a titularidade deste tramo ao Concello polo que pasará a ser urbano.