O Concello entregará 850 bolsas de inglés en 2018 cun orzamento próximo aos 2 millóns
O goberno local vén de aprobar a contratación das bolsas de inglés para alumnos da ESO e estudantes da Escola Oficial de Idiomas. En 2018 serán 850 os beneficiarios destas achegas cun orzamento de preto de 2 millóns de euros.
O rexedor avanzou esta mañá que en 2018 serán 750 os alumnos da ESO -100 máis que en 2017- os que gocen deste programa de inmersión lingüística, aos que se sumarán outros 100 da Escola Oficial de Idiomas. En total, serán 850 os alumnos que teñan a oportunidade de gozar dunha estadía de tres semanas aprendendo inglés, o que, probablemente, converte a Vigo "na única cidade europea cun programa similar". Este ano, engadiu, para a ESO rexistráronse 740 solicitudes aproximadamente, o que significa que en 2018 é probable que poidan cubrirse practicamente todas as solicitudes.
Tal e como explicou, a Xunta de Goberno local deu luz verde ao expediente de contratación do servizo para a xestión, organización e desenvolvemento desta iniciativa mediante integración escolar nun High School. Trátase dun contrato por dous anos, cun importe anual de 1.764.000 euros/ano. Por outra banda, o goberno local tamén aprobou as bases e a convocatoria específica para achegas de estancias lingüísticas no estranxeiro para o alumnado da Escola Oficial de Idiomas cun orzamento de 160.000 euros, o que supón un investimento total de case dous millóns de euros.
O Concello adxudicou 3.704 bolsas de inglés desde 2008, cun orzamento superior aos 8 millóns, unha cifra á que hai que sumar as 850 achegas de 2018 o que aproxima a 5.000 o número de beneficiarios deste programa desde o ano 2008.