O rexedor sitúa á Festa do Marisco como mellor lugar de encontro da cidade estes días <br />
Caballero participou este xoves na inauguración da XV Festa do Marisco de Vigo, VigoMar 2017, no Porto Pesqueiro onde dende hoxe e ata o domingo se poderá degustar este manxar da nosa gastronomía a prezos populares. O alcalde salientou a importancia do sector pesqueiro na economía da cidade e puxo en valor o traballo da xente do mar, ao tempo que animou á cidadanía a participar da festa.