A plataforma de afectados pola Hepatite C piden compromiso orzamentario por parte da Xunta
A plataforma galega de afectados pola Hepatite C reclamou un "compromiso orzamentario" por parte da Xunta para dotar de contido o plan estratéxico que ven de anunciar o Goberno central. Así o manifestaron as súas voceiras, Xulia Alonso e Julia Llopis nunha intervención no Pleno de Vigo.
As voceiras da plataforma galega de afectados pola hepatite C reclamaron no Pleno desta mañá dotación orzamentaria para o plan estratéxico que o Goberno central ven de anunciar. Xulia Alonso e Julia Llopis lembraron a súa "lexítima loita" e a "dolorosísima situación" á que chegaron debido ao retraso na tramitación dos tratamentos. Lodo das intervencións dos tres grupos, o rexedor transmitiulle ás representantes da plataforma que interviron na sesión desta mañá o "apoio incondicional" da cidade ao tempo que asegurou manter a "vixiancia" para o plan estratéxico teña dotación orzamentaria e se cumpra.