Escoitar

O Pleno aproba por unanimidade reclamar á Xunta a creación dos consellos de saúde

Os grupos da Corporación deron luz verde a unha moción nacionalista que insta á Xunta a constituír os concellos de saúde para cumprir coa participación social e territorial da cidadanía. O texto do BNG lembra que as partidas adicadas á sanidade pública diminuiron nun 12% desde o ano 2009.

luns, 23 feb 2015
Todos os grupos coincidiron esta mañá ao reclamar á Xunta a constitución e convocatoria dos consellos da saúde da área para cumprir coa participación social e territorial da cidadanía, tal e como sinala a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galiza, para que se escoiten as alternativas e achegas dos galegos para mellorar este servizo público esencial. A moción nacionalista, que contou co apoio de PSOE e PP, xustifica esta petición amparándose no destamantelamento do sistema sanitario público, que experimentou no seu orzamento desde 2009 un recorte dun 12%.