Escoitar

A Corporación aproba unha amortización de crédito de 10,7 millóns que permitirá máis investimento social

O goberno local sacou adiante esta mañá unha amortización de débeda de 10,7 millóns de euros financiada con remantentes de tesourería. Esta decisión, que contou co apoio do PP, permitirá aforrar costes financeiros e "adicar máis fondos aos vigueses e aos seus problemas", explicou a tenente de alcalde e concelleira de Facenda, Carmela Silva.

luns, 23 feb 2015
O Pleno aprobou esta mañá unha amortización de crédito de 10,7 millóns procedentes do superávit dunhas contas "que son as mellores de Galicia e unhas das mellores de toda España", dixo esta mañá na súa intervención a tenente de alcalde e concelleria de Facenda, Carmela Silva, en relación a boa saúda das contas municipais. Esta operación é un paso máis do plan adoptado en 2013 de cancelación de débeda cara á débeda cero e permitirá, como en outras ocasións, aforrar en costes financeiros e "adicar máis fondos aos vigueses e aos seus problemas".

Silva avanzou que ningúen entendería que lle "adicáramos máis cartos aos bancos para afrontar os xuros", cando a situación económica do Concello permite cancelar débeda para poder manter, entre outros, 22 millóns de investimento social. Silva lembrou a baixada do IBI, o imposto de circulación ou do lixo; a conxelación de taxas; o programa extraordinario de axudas a familias para aluguer, probreza enerxética ou alimentación: as bolsas de comedor -sen lista de espera-; ou a posta en marcha dun albergue como exemplos da política social do Concello que seguirá adiante porque "as nosas decisións en materia económica permitíronnos adicar preto de seis millóns máis aos que máis o precisan e non a pagar aos bancos". Esta amortización de crédito obtivo o respaldo do PP e o voto en contra do BNG.