martes, 15 mar 2005
Concello e Universidade de Vigo asinaron un convenio para dinamizar o Museo Verbum-Casa das Palabras. A Universidade tratará de dirixir as liñas de actuación cara ao fomento dos tres grupos de visitantes principais: escolares, adultos e familias, e o Concello aportará preto de 40.000 euros.
luns, 14 mar 2005
Dúas formacións viguesas, a Sinfonieta e o coro "Camerata ad Libitum" xuntarán na escena a setenta e cinco persoas para interpretar o Réquiem de Fauré, nun concerto que oferecerán o martes, día 15, dentro do ciclo de música sacra que organiza o departamento de Cultura. A actuación terá lugar na igrexa de María Auxiliadora a partir das 20.45 horas
venres, 11 mar 2005
A primeira actuación da quinta edición do Ciclo de Música Sacra, que terá lugar o luns 14 de marzo, correrá a cargo da soprano galega Carmen Gurriarán, quen acompañada polo Quinteto da Sinfónica de RTVE interpretará a Frank Martín e a Luigi Boccherini na conmemoración do aniversario do seu pasamento.O ciclo de música sacra está organizado polo departamento de cultura e os concertos teñen lugar ás 20.45 horas na igrexa de María Auxiliadora.<br />
xoves, 10 mar 2005
Pepa Plana , procedente de Barcelona, interpretará a obra "L’Atzar" dentro da programación "Soas en escena"do Festival Alternativo de Teatro. A función terá lugar o venres, día 11, ás 20:30 horas no Marco, cun prezo de cinco euros.
xoves, 10 mar 2005
Un ano máis o departamento de Cultura que dirixe Ignacio López-Chaves organiza o Ciclo de Música Sacra, baixo o título "Do Místico e o Humano: <br />
Viaxe pola relixiosidade europea", que se desenvolverá do 14 ao 19 na igrexa de María Auxiliadora a partir das 20.45 horas.
mércores, 9 mar 2005
Lola Correa representa "Jaque" dentro do programa "Soas en escena" dentro das actividades do Festival Alternativo dse Teatro que organiza a concellería de Cultura. A función será o xoves, ás 20:30 horas no Marco.
mércores, 9 mar 2005
A terceira edición do Festival Sinsal "Música para catro estacións", impulsado polo Departamento de Cultura do Concello de Vigo, dará comezo o vindeiro luns, 14 de marzo, cos concertos que Julie Doiron, Berg Sans Nipple e Lali Puna ofrecerán no cine Salesianos a partir das 20.30 horas.
luns, 7 mar 2005
A IV edición do Festival Alternativo de Teatro e Danza "Vigo, a outra alternativa" continua este ano coa programación de ciclos temáticos e coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller, nesta ocasión estará dedicado ás mulleres no teatro.
venres, 4 mar 2005
O próximo sábado 5 de marzo no Auditorio Municipal de Vigo, a Compañía franco-catalana Cía. Pendiente ofrecerá o seu espectáculo de danza e teatro "Una media de dos".
venres, 4 mar 2005
A actuación, que atañe a monografías dos séculos XVII E XVIII, conta cun presuposto de preto de 12.000 euros e permitirá a consulta de obras que non se poden manexar manualmente pola súa antigüidade.