Escoitar

O MARCO acolle unha proxección sobre a arquitectura do Xapón do século XXI

O salón de actos do MARCO acolle hoxe venres ás 20:00 a conferencia-presentación titulada "Arquitectura e cidade no Xapón do século XXI", a cargo dos arquitectos Pedro de Llano e Plácido Lizancos, autores do proxecto do mesmo nome.

venres, 13 xan 2006
1137152361xapon130106a.jpeg
Este proxecto, consitente nun DVD con imaxes da arquitectura xaponesa actual, é unha produción da Cátedra "Análise gráfica da Arquitectura" da Faculdade de Arquitectura da Universidade da Coruña, e está baseado no material elaborado por profesores e alumnos nos cursos 2003-2004 e 2004-2005 desta materia, así como nos seminarios de doutoramento "Made in Japan".

A entrada á conferencia-presentación do proxecto será gratuíta ata completar o aforo do salón de actos do MARCO.

Mañá sábado e o domingo a proxección ofrecerase en continuidade no salón de actos, no horario habitual do museo, isto é, de 12:00 a 21:00, o sábado, e de 12:00 a 15:00, o domingo.

FICHA TÉCNICA:

Proxección ppt: Pedro de Llano e Plácido Lizancos.
Contidos: Pedro de Llano, José Ventura, Plácido Lizancos, Javier Vizcaíno e Xosé Manuel Rosales.
Fotografía: Pedro de Llano, José Ventura, Plácido Lizancos, Javier Vizcaíno e Xosé Manuel Rosales.

"Arquitectura e cidade no Xapón do século XXI" é unha actividade complementaria da exposición "Chikaku, tempo e memoria en Xapón", que ofrece unha panorámica da arte nipona contemporánea e estará presente na planta baixa do MARCO ata o próximo 22 de xaneiro.
Descargar todas as imaxes