Escoitar

Juan Ramón González Carnero é o novo interventor do Concello de Vigo

O funcionario Juan Ramón González Carnero tomou posesión hoxe xoves do cargo de interventor do Concello de Vigo, nun acto ao que asistiu a alcaldesa, Corina Porro.

xoves, 12 xan 2006
1137068347interventor.jpg
Juan Ramón González Carnero naceu en Monforte de Lemos e é licenciado en Ciencias Económicas. Ten desempeñado o cargo de interventor con anterioridade, concretamente nos concellos de Lalín, Cangas do Morrazo e Melide. Ademais, foi xefe de contabilidade da Deputación de Lugo e tesoureiro dos concellos de Ribeira e Vigo. Está ao servizo do Concello da nosa cidade desde agosto de 1995.
Descargar todas as imaxes