Aberto o prazo de inscrición no programa formativo da Casa do Cesteiro
O prazo de inscrición no Programa Formativo en Cestería Tradicional de Galicia da Casa do Cesteiro permanecerá aberto ata o próximo 30 de xaneiro.
Este centro, unidade específica do Centro de Artesanía Tradicional (CAT), adscrito á Concellaría de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo, leva oito anos traballando a prol da cestería tradicional e ofertando formación a todos os interesados en instruírse profesionalmente no oficio de cesteiro.
O prazo de preinscrición é do 1 ao 30 de Xaneiro e a presentación dos listados de admitidos será o 1 de febreiro. Estes listados estarán expostos nas instalacións da Casa do Cesteiro, no Centro de Artesanía Tradicional e na web www.vigo.org/artesania.
Os cursos do Grupo II e III, ao estar orientados ao emprego, son de matrícula gratuíta.
Para os cursos do Grupo I o prazo de formalización da matrícula realizarase do 1 ao 10 de febreiro. O resgardo que acredite o pagamento desta matrícula deberá presentarse o dia de inicio dos cursos, sexan cales foren estes.
Para máis información pódese chamar ao teléfono 986 224 003 ou consultar na web www.vigo.org/artesania.
Descargar todas as imaxes