martes, 19 abr 2005
A Casa das Artes acollerá do 21 de abril ao 5 de xuño a exposición "Vigo. Tradición e Fe", que reúne obras de arte sacra presentes en procesións, romarías e outras expresións públicas de relixiosidade.
venres, 15 abr 2005
No marco das actividades de potenciación do galego que se están a desenvolver na Biblioteca Pública Central de Vigo, durante os meses de abril, maio e xuño desenvólvese un curso de perfeccionamento do galego e outro de iniciación.
xoves, 14 abr 2005
Este fin de semana, MARCO presenta unha programación especial que baixo o título "EN TORNO A JOHN CAGE" intenta divulgar e achegar ao público a personalidade e a obra dunha das figuras máis influíntes na historia da arte do século XX.O concerto terá lugar no salón de actos do museo, con entrada gratuíta ás 20:00 horas.
xoves, 14 abr 2005
A exposición, que permanecerá aberta ata o 14 de maio, presenta unha exposición representativa dos cascos de combate do século XX.
luns, 11 abr 2005
O Museo "Quiñones de León" organiza do 12 ao 29 de abril un programa didáctico sobre a exposición "A mirada de Goya" que se amosa no devandito espazo municipal.
xoves, 7 abr 2005
Exposicións temporais, programas didácticos, cine, concertos e unha xornada de portas abertas conforman o conxunto de actividades que terán lugar no Museo de Arte Contemporánea (MARCO) durante os próximos cinco meses.
xoves, 7 abr 2005
O Museo Municipal "Quiñones de León" acolle a mostra "A mirada de Goya", organizada por Ibercaja con motivo da apertura da primeira sucursal da entidade en Vigo. Esta exposición presenta o primeiro Autorretrato ao óleo que se coñece de Goya e unha selección de grabados e litografías.
mércores, 6 abr 2005
A artesá cesteira Mª Jesús Barreiro García fará unha demostración do seu oficio o sábado 9 pola mañá no Centro de Artesanía Tradicional (CAT). Esta demostración, coa que se pretende achegar o público aos oficios antigos, complétase cunha rota cultural polo Casco Vello.
luns, 4 abr 2005
A programación de exposicións temporais que se desenvolve na Casa das Artes inclúe a mostra do artista italiano Sandro Chía "Pompa Magna. No camiño", que pode visitarse ata o 17 deste mes de abril.
venres, 1 abr 2005
Dentro da programación do Cineclub Lumière para este mes de abril, proxectaranse os filmes "Private" ("Domicilio Privado"), de Saverio Constanzo; "Mutter Küsters Fahrt zum" ("Viaxe á felicidade de mamá Kuster"), de Rainer Werner Fassbinder; "Notre musique" ("A nosa música"), de Jean-Luc Godard, e "San zimske noci" ("Soño dunha noite de inverno"), de Goran Paskaljevic.