martes, 24 mai 2005
A vindeira sesión do ciclo "Polos mares de Galicia", que terán lugar no salón de actos da Casa Galega de Cultura o mércores , día 25 de maio ás 20.00 horas, estará dedicada aos protagonistas das xestas náuticas.
venres, 20 mai 2005
As dúas vindeiras sesións do ciclo "Polos mares de Galicia", que terán lugar no salón de actos da Casa Galega de Cultura o luns e o mércores da vindeira semana, días 23 e 25 de maio ás 20.00 horas, estarán dedicadas á importancia do ecosistema mariño galego e aos protagonistas das xestas náuticas.
xoves, 19 mai 2005
O vindeiro luns, 23 de maio, comezará a venda das entradas individuais para asistir aos concertos do I Festival Internacional de Jazz de Vigo "Imaxina Sons", que desenvolverase entre o 16 de xuño e o 3 de xullo.Ademáis, a última data para adquirir os abonos, dos que xa foron vendidos máis dun centenar, é o sábado 21 deste mes de maio. Os prezos ascenden a 43 euros a butaca; 40 euros o 1º anfiteatro; 37 euros o 2º anfiteatro e 33 euros o 3º anfiteatro.
mércores, 18 mai 2005
A conferencia inaugural do ciclo "Polos mares de Galicia", que o xoves 19 de maio será impartida polo profesor da Universidade de Vigo Emilio Fernández, versará sobre o mar como orixe da vida, fonte de recursos, e sobre todo, como un ecosistema enormemente rico en biodiversidade.
mércores, 18 mai 2005
Con motivo do Día Internacional dos Museos, o Arquivo Pacheco celebrará unha xornada de portas abertas na que se poderán visitar lugares aos que habitualmente non se pode acceder. Outros museos, como a Fundación Laxeiro e o Museo Quiñones de León terán tamén actividades especiais nesta xornada.
luns, 16 mai 2005
A programación coa que se celebra o Día Internacional do Museo inclúe xornadas de portas abertas en varios centros, así como obradoiros, charlas-coloquios e outras actividades.
venres, 13 mai 2005
O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, presentou a programación e o material de difusión dos museos públicos de Vigo con motivo do Día Internacional dos Museos, que se celebra arredor do 18 de maio baixo o lema "O museo, unha ponte entre culturas".
xoves, 12 mai 2005
O primeiro Festival Internacional de Vigo "Imaxina Sons", que se desenvolverá do 16 de xuño ao 2 de xullo, nace coa vocación de consolidarse ata converterse nun referente a nivel europeo. O evento, que traerá á nosa cidade a algunhas das figuras máis destacadas do jazz do vello continente, conta cun orzamento de 300.000 euros.
mércores, 11 mai 2005
O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, presentou a programación do primeiro semestre do ano do ciclo de teatro por barrios "Vigo a Escena" que comezará a súa andaina a próximo fin de semana en Teis, Saiáns e o Concello.
xoves, 5 mai 2005
A Biblioteca Pública Central de Vigo acollerá, os sábados 7 e 14 de maio, un obradoiro de Regueifas, poesía oral improvisada de tipo popular, destinado a nenos de máis de 10 anos.A actividade, organizada en colaboración co Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, comenzará ás 11.00 horas na sala infantil da biblioteca e a entrada é libre.