xoves, 31 mar 2005
O sábado 2 de abril, Día do Libro Infantil e Xuvenil, a programación <br />
da Biblioteca Central está dedicada ao conto de Hans Christian Andersen <br />
"O soldadiño de chumbo". Por primeira vez, o contacontos vai ser interpretado na lingua de signos.<br />
martes, 29 mar 2005
A biblioteca Central conta no mes de abril cun programa de actividades que ven a continuar o comezado despois do Nadal e onde destacan os talleres de escrita en galego para nenos e adultos, os cursos de inglés ou as visitas guiadas.
martes, 29 mar 2005
Esta exposición fotográfica con intencións solidarias e de denuncia poderase ver na Casa da Xuventude entre o 30 de marzo e o 8 de abril.
mércores, 23 mar 2005
O Concurso Nacional de Piano "Compositores de España" celebrarase en Vigo do 26 de maio ao 1 de xuño, comprendendo as categorías de infantil, xuvenil e novo concertista.
mércores, 23 mar 2005
Este fin de semana, durante os días 26 e 27 de marzo, continúan os obradoiros e a mostra que veñen a completar o acto de presentación do documental "Cestos do Mar de Vigo" no Museo do Mar de Galicia en Vigo.
A mostra pode contemplarse no Museo de Castrelos ata o vindeiro domingo, 27 de marzo
martes, 22 mar 2005
A exposición "Bouzas-Vigo. Cen anos de unión", inaugurada o pasado mes de decembro e que se enmarca nos actos de conmemoración do centenario da unión de ambos os dous concellos, acadou ata o 28 de febreiro un total de 2335 persoas.
martes, 22 mar 2005
A terceira edición do Festival Sinsal, que ten por lema "Música para catro estacións", entra na primavera coa actuación da cantante e instrumentista estadounidense Josephine Foster, mañá día 23 de marzo a partir das 20:30 no Museo Marco.
luns, 21 mar 2005
A exposición "Espazos Transitorios", de Alexandre Santorio, abrirá mañá, día 22 de marzo, a programación da Casa Galega da Cultura para o presente ano 2005. Será este o inicio dunha serie de mostras de pintura, fotografía e escultura que traerán a Vigo a arte de diferentes artistas noveis.
xoves, 17 mar 2005
Nesta primeira exposición do artista en Galicia dará a coñecer dous tipos de traballos: as series e as esculturas. Ás 13 horas terá lugar a rolda de prensa de presentación.
mércores, 16 mar 2005
O Parque de Castrelos de Vigo constitúe a visita recomendada pola revista "Viajes National Geographic", considerada como líder no seu sector, na súa sección "Fin de semana" do número 60, correspondente ao mes de marzo deste ano.