As mellores curtametraxes da Escola de Cine proxéctanse no MARCO
O MARCO acolle hoxe martes ás 19:30 a proxección das sete mellores curtametraxes realizadas en 2005 polos alumnos da Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia (EGACI).
Entre as creacións que se poderán ver están "Kilómetro 53", de Nacho Abia; "Yavih", dirixido por Iván Vázquez e que contará coa presenza de Diana Nogueira e Manuel San Martín; "Lucía", do alumno de primeiro curso Diego Pazó; e o documental "Dónde está la movida", sobre a movida viguesa dos anos 80, e que inclúe entrevistas ao ex alcalde Manoel Soto, a Julián Hernández, de Siniestro Total, ou ao actor Morris.
Segundo anunciou a directora da EGACI, Virginia Ramírez, todas as curtametraxes, menos "Yavih" e "Lucía", van presentarse á próxima edición dos premios Mestre Mateo. Os galardóns a que optan son os de "Mellor documental", "Mellor curtametraxe de animación" e "Mellor curtametraxe de ficción". Varios alumnos da Escola de Cine foron nominados en 2003 e 2004.
As curtametraxes que se proxectarán hoxe martes no MARCO presentaranse posteriormente noutros centros do audiovisual galego como Pontevedra, Santiago e Ourense.
A EGACI, situada na parroquia de Cabral, naceu en 2001. Os seus alumnos, 40 na actualidade, deben superar tres cursos para obteren o graduado superior en artes cinematográficas.
Para Virginia Ramírez, o sector audiovisual galego "vaise consolidando" grazas ao "recoñecemento a nivel nacional e internacional" e á consideración de Galicia como "berce da animación" feita en España. A directora do EGACI engade que este é un "bo momento" para o sector, aínda que son necesarias unha maior unidade e máis confianza.