venres, 4 mar 2005
O Cineclub Lumière ofrece neste mes de marzo tres mostras do cine máis recente. Os filmes Contra a parede, Camiñar sobre as augas e A historia do camelo que chora achegarán temáticas e historias diferentes aos espectadores que acudan ao Auditorio da Casa do Concello. A programación do Cineclub complétase coa proxección de varias películas sobre a situación política en Palestina.
xoves, 3 mar 2005
O venres 4 de marzo, con motivo da proximidade do aniversario da traxedia do 11-M, MARCO proxecta no seu salón de actos o documental colectivo "Madrid 11-M: todos íbamos en ese tren". Esta producción consta de 23 curtametraxes elaboradas por distintos directores que dan unha perspectiva do atentado e as súas consecuencias. A entrada será libre e de balde.
xoves, 3 mar 2005
O artista santiagués Antón Cabaleiro expón a partir do 4 de marzo na Fundación Laxeiro o seu proxecto "Coexistencias pacíficas", unha proposta que se vale de soportes fotográficos, debuxos dixitalizados e a proxección dun vídeo para falar da relación do individuo contemporáneo co mundo da información e dos medios de comunicación de masas.
xoves, 3 mar 2005
A compañía Semolina Tomic representa o venres,día 4, a obra "Body Safe (ER)" no auditorio municipal ás 21 horas dentro da programación de Festival Alternativo de Teatro que organiza a concellería de Cultura.
mércores, 2 mar 2005
O Concello de Vigo foi escenario da presentación dos catro nominados en cada unha das categorías que participan na III Gala do Audiovisual Galego que terá lugar o domingo 20 de marzo no Auditorio de Caixanova.
mércores, 2 mar 2005
A compañía Ferroviaria de Murcia representa o xoves, ás 21 horas, a obra "Gesta de Papá Ubú" no auditorio municipal dentro da programación do Festival Alternativo de Teatro que organiza a concellería de Cultura.
martes, 1 mar 2005
O Festival de Teatro Alternativo presenta o mércores, día 2 , á compañía Amaranto de Barcelona que representará a obra " "Cunca de sopa chine e un garfo", no auditorio municipal, ás 21 horas. O Festival, organizado pola concellería de Cultura, ofrece representacións ata o 12 de marzo.
"A Camelia de Ouro" foi para a floricultora de Cuntis Leonor Magariños
luns, 28 feb 2005
A XLI edición do Concurso-Exposición da Camelia, organizada pola concellaría de Cultura, reuniu, durante esta fin de semana pasada, a 43 expositores nas instalacións que a Zona Franca ten en Bouzas, procedentes non só de Galicia, senón tamén doutros lugares de España.
luns, 28 feb 2005
Visitas guiadas para os escolares, actividades infantís e cursos de formación para usuarios son algunhas das actividades programadas por Cultura, para desenvolver no mes de marzo nas instalacións da Biblioteca Central.
venres, 25 feb 2005
A 41ª edición do Concurso-Exposición da Camelia trae a Vigo a posibilidade de comprobar a gran variedade de tamaños, cores e formas desta planta tan adaptada ao clima atlántico, símbolo das Rías Baixas e presente nas nosas rúas e nos nosos parques.