Escoitar

Madama Butterfly, de Puccini, no Centro Cultural de Caixanova

O mércores, 21 de decembro, ás 20.00 horas, terá lugar no auditorio do Centro Cultural Caixanova, a representación de MADAMA BUTTERFLY, unha das obras cumes de Giacomo Pucini, coa que se clausura a tempada Lírica de Outono, organiza polos Amigos da Opera de Vigo e patrocinada polo Concello e a Deputación de Pontevedra.

martes, 20 dec 2005
1135077624madame.jpg
Ambientada en Nagasaki (Xapón) e baseada nunha historia de Juan Luther, que converteron en libreto Luigi Illica e Giuseppe Giacosa, Puccini conseguiu con Madama Butterfly un dos momentos cumes de súa curta carreira musical, tanto en altura dramática como en beleza musical. Foi estreada o 17 de febreiro de 1904, na Scala de Milán e desde entón representouse de maneira ininterrompida.

Nesta ocasión, o papel de Cio-Cio-San (soprano) correrá a cargo de Solange Aroca, mentres que o do principal protagonista masculino, Pinkerton (tenor), será interpretado por RAFAEL Lledo. Nos demais papeis relevantes estarán Nuria Lorenzo, como Suzuki, Vicente Antequera, un barítono de gran futuro, como Sharpless, José IGNACIO MUÑOZ no papel de Goro, CARLOS London como Cio Bonzio, Mabel González no papel da esposa de Pinkerton e, como Príncipe Yamadori, Oleg Lukankin.
Descargar todas as imaxes