O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo reproba o Goberno local
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou hoxe martes, cos votos favorables do PSdeG-PSOE e do BNG, os votos en contra do PP e a abstención do PG, unha moción de reprobación ao Goberno municipal presentada polos socialistas e enmendada polos nacionalistas, "pola negativa xestión na ordenación urbanística da cidade".
O representante do PSdeG-PSOE Mauricio Ruiz presentou esta moción como "unha advertencia ao Goberno municipal para que rectifique". Nela, descríbense os "alarmantes" resultados na tramitación de documentos de planeamento urbanístico como o Plan Xeral de Ordenación Municipal, os Plans Especiais de Protección e Reforma Interior do Casco Vello, do monte da Guía e do pazo "Quiñones de León" e do parque de Castrelos, así como o Plan Especial do Ensanche.
Canto ás medidas de modernización e reorganización da estructura urbanística, Mauricio Ruiz denunciou o atraso na mellora dos Estatutos da Xerencia Municipal de Urbanismo, na definición das posibilidades da Sociedade Municipal do Solo e na toma de medidas de disciplina urbanística.
O BNG sumouse á reprobación da xestión en materia urbanística a través dunha enmenda na cal se censura e reproba a "ineficacia política" do Goberno local, que conduciu, segundo os nacionalistas, "á parálise municipal" e á "ausencia da cidade nos asuntos de maior transcendencia para o futuro de Vigo".
O representante do PP José Manuel Figueroa cualificou de "brindes ao sol" os argumentos expostos por Mauricio Ruiz, mentres que tachou de "vagos e sen xustificación" os utilizados polo nacionalista Henrique Viéitez. Segundo José Manuel Figueroa, a actuación do Goberno municipal tense caracterizado pola participación dos cidadáns e a transparencia, e a presentación da moción de reprobación aprobada hoxe martes débese "ao nerviosismo do PSdeG-PSOE".
Pola súa parte, Manoel Soto, do PG, xustificou a súa abstención argumentando que o PSdeG-PSOE debería acompañar a súa moción dunha "alternativa mellor" para a xestión do urbanismo. O concelleiro galeguista mostrouse partidario de apoiar políticas constructivas.