Escoitar

Corina Porro confía en que os novos proxectos de Peinador se executen con prontitude

Corina Porro mantivo hoxe luns unha reunión co director do aeroporto de Peinador, Luis Rey Pomar, para tratar aspectos do futuro desenvolvemento desta infraestructura, como o Plan Director do Aeroporto e a ampliación do aparcadoriro.

luns, 19 dec 2005
1135001602peinador191205.jpg
A alcaldesa, Corina Porro, amosou hoxe luns a súa confianza en que os distintos proxectos que se desenvolverán no aeroporto de Vigo se executen coa maior prontitude. A alcaldesa, que fixo estas declaracións despois da reunión que mantivo hoxe co novo director do aeroporto de Vigo, Luis Rey Pomar, referiuse tanto ao Plan Director do Aeroporto, coma a ampliación do aparcadoiro -un proxecto que, sinalou, se está elaborando e no que podería colaborar a Deputación de Pontevedra- , así como ao proxecto de ampliación da plataforma de aeronaves- do que se está ultimando a redacción e podería adxudicarse en xaneiro de 2006-.

O director do aeroporto confirmou que se están ultimando estes proxectos, así como as obras de ampliación da propia terminal, e insistiu, como fixo a alcaldesa, na importancia da colaboración co Concello de Vigo nas distintas reunións técnicas con vistas a elaborar os proxectos destas infraestructuras.
Descargar todas as imaxes