Bando do Concello de Vigo relativo ás festas de Nadal, Fin de Ano e Reis
FESTAS DE NADAL, FIN DE ANO OU REIS
Co gallo das actividades de carácter festivo que se pretendan desenvolver en locais nas datas de Nadal, Fin de Ano ou Reis.
LÉMBRASE
Que de conformidade co disposto no Decreto 292/2004, do 18 de novembro, polo que se aprobou o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 160/2005, de 2 de Xuño:
1. Ningún local poderá ofrecer espectáculos ou actividades recreativas distintos dos que figuren na licenza.
2. O delegado provincial da consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, por razón da materia de espectáculos públicos e sempre que se respecten as condicións esenciais da licenza, poderá autorizar con carácter extraordinario a celebración doutros espectáculos ou actividades. A autorización darase para un único espectáculo ou para sesións puntuais dunha actividade determinada.
3. Para a concesión desta autorización será preceptivo o informe do concello.
4. A solicitude para a celebración destas actividades e espectáculos extraordinarios presentarase no rexistro da consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en materia de espectáculos públicos, cunha antelación mínima de 30 días da data prevista de celebración do espectáculo ou actividade.
5. A falta da preceptiva autorización regulamentaria dará lugar á aplicación das medidas legais pertinentes.
O que se publica para xeral coñecemento e cumprimento.
Vigo, 16 de decembro de 2005
A ALCALDESA
CORINA PORRO MARTINEZ