José Manuel Iglesias inicia as conversas para definir as melloras da N-556 e do Primeiro Cinto
O concelleiro de Vías e Obras, José Manuel Iglesias, iniciou esta semana as conversas cos representantes dos grupos políticos da oposición para definir o proxecto das obras de mellora da estrada N-556 e do Primeiro Cinto, que deberá estar aprobado a finais de abril.
O Concello asumiu a titularidade da N-556 e do Primeiro Cinto o pasado 24 de outubro, tras a sinatura dunha acta de cesión co Ministerio de Fomento. Trátase de dous tramos de sete kilómetros cada un que cumpren que cumpren os requisitos da Orde Ministerial que regula a entrega aos Concellos de tramos urbanos da Rede de Estradas do Estado. Así, a N-556 e o Primeiro Cinto, ademais de teren sido absorbidos polo núcleo urbano da cidade, dan servizo de ámbito local e dispoñen dun itinerario alternativo a través de vías que manteñen a continuidade da Rede de Estradas do Estado.
Coa sinatura deste acordo, o 24 de outubro, abriuse un prazo de seis meses para que o Concello redacte e aprobe o proxecto de obras de mellora destas dúas estradas, e para que inicie os trámites licitatorios para adxudicalas.
Pola súa parte, o Ministerio de Fomento comprometeuse a achegar uns 2.880.000 euros para a materialización de dito proxecto, dos cales 960.000 corresponden ao ano 2006 e 1.920.000, ao 2007. A transferencia deste investimento farase efectiva por obra executada. O Concello deberá xustificar os importes das obras executadas antes do 1 de decembro do ano a que corresponda a anualidade.
O Concello realiza tarefas de mantemento da estrada N-556 e do Primeiro Cinto desde 2002, de conformidade cun convenio co Ministerio de Obras Públicas e Transportes.