venres, 16 decembro 2005

O Concello instala un Belén de tamaño natural na praza de Compostela

venres, 16 dec 2005

O Concello de Vigo instalou un Belén de tamaño natural na Praza de Compostela, á altura da fonte luminosa. O Belén, que ocupa unha superficie aproximada de 300 metros cadrados e inclúe un Misterio e un poboado con varias figuras da época, permanecerá nesta zona ata o 8 de xaneiro, onde poderá ser contemplado por todos os cidadáns que o desexen.

Xunta de Goberno Local

venres, 16 dec 2005

A Xunta de Goberno Local realizará unha sesión ordinaria na súa Sala o luns 19 de decembro de 2005, ás 8,00 h. en 1ª convocatoria e ás 8,30 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da seguinte relación.