O Concello instala un Belén de tamaño natural na praza de Compostela
O Concello de Vigo instalou un Belén de tamaño natural na Praza de Compostela, á altura da fonte luminosa. O Belén, que ocupa unha superficie aproximada de 300 metros cadrados e inclúe un Misterio e un poboado con varias figuras da época, permanecerá nesta zona ata o 8 de xaneiro, onde poderá ser contemplado por todos os cidadáns que o desexen.
O Belén ten 4 módulos de tamaño natural, cunhas dimensións aproximadas de 6 metros de longo por 4 metros de ancho. Inclúe unha porta amurallada de 7 metros por 3,75 de altura.
O conxunto escénico está composto por un Misterio con tres figuras humanas e 2 animais, un ferreiro, un alfareiro, un froiteiro, dúas estrelas de Belén suspendidas na porta amurallada e o atrezzo e traxes para as figuras.
A montaxe recibiu un tratamento a base de resinas para a súa protección contra as inclemencias climáticas. O conxunto foi elaborado con madeiras, policarbonatos, teas, cordoería, metais, pinturas, adhesivos e escaiolas, entre outros materiais.