Actuacións da Área de Discapacidade durante 2005
Co gallo da reunión do Consello Local de Accesibilidade mantida hoxe venres, a Área de Discapacidade da Concellaría de Benestar Social presenta o informe das actividades que realizou durante 2005.
No Concello existe un órgano de participación para os colectivos de persoas con discapacidade, o Consello de Accesibilidade, que se constituiu o 14 de xullo de 2004. Este Consello é un órgano colexiado de carácter consultivo e de participación no ámbito dos servicios sociais, en tódalas cuestións referentes á problemática das persoas con discapacidade. Funciona en Pleno e Comisión Permanente, sen prexuízo das comisións de traballo que se poidan constituir para un mellor desenvolvemento dos seus fins.
O Consello Local de Accesibilidade ten por obxecto e principais funcións:
- Estudiar e emitir informes sobre aspectos relacionados coa mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade.
- Emitir dictámenes e informes sobre cuestións relacionadas co obxecto do Consello.
- Potenciar a participación das persoas con discapacidade nos organismos públicos.
- Promover accións de información e divulgación sobre a normativa, plans e programas referidos as persoas con discapacidade.
- Asesorar á Corporación Municipal en todos os asuntos relacionados coas persoas con discapacidade.
- Facer cantas propostas considere oportunas en materias relativas aos fins e funcións do Consello.
Este Concello, a súa Comisión Permanente, reuniuse durante este ano 2005, catro veces con carácter ordinario (16/02/05; 15/06/05; 30/09/05 e 16/12/05)e unha con carácter extraordinario (2/11/05). Algúns dos acordos máis salientables aos que chegou foron os seguintes:
1) Plan de Transporte Especial: Realizado pola Comisión de traballo de mobilidade e Transporte do Consello de Accesibilidade. Este Plan define as liñas a seguir no tema do transporte accesible e o transporte especial.
2) Redacción dunha proposta de bases de axudas para o transporte en auto – taxi de persoas con discapacidade para o ano 2006.
3) Redacción dunha proposta de regulamento para a concesión dos premios de integración
No departamento de Benestar Social, leváronse a cabo as seguintes actividades:
4) Entrega dos premios de Integración:
Consisten nun recoñecemento do Concello de Vigo a aquelas persoas, empresas ou entidades que tiñan traballado a prol da integración das persoas con discapacidade. Tivo lugar o pasado día 2 de decembro celebrando o Día Europeo das Persoas con Discapacidade. As propostas partiron das asociacións de discapacitados. Este ano os premiados foron a Empresa Pizza Móvil pola súa aposta pola integración de persoas con discapacidade intelectual e a Agrupación Cultural Galicia Social pola súa sensibilidade e solidariedad eco colectivo de persoas con discapacidade.
5) Exposición PASOARTE. Promovida pola plataforma PASOVIGO, realizouse una exposición colectiva de pintura, gravado e escultura de artistas con discapacidade e outros xa coñecidos, que permanecerá aberta dende o pasado día 2 que se inaugurou ata o 8 de Janeiro na Casa Galega de Cultura.
6) A Concellería de Benestar Social ten asinados varios convenios de colaboración con distintas entidades da cidade para desenvolver diferentes accións:
- Convenio coa Asociación de Xordos de Vigo, por séptimo ano consecutivo, para a posta en marcha dun servicio de intérpretes de lingua de signos.
- Convenio coa Asociación Para o Síndrome de Down para a realización dun proxecto de autonomía persoal dirixido a nenos e xoves con síndrome de Down. O proxecto denomínase "ME MOVO".
- Convenio coa Asociación DOA que implica a reserva de varias prazas no seu centro de rehabilitación psicosocial.
- Convenio coa Asociación HOY POR MAÑANA, conveniando catro prazas para usuarios dos Servizos Sociais na súa Escola Infantil.
- Como novidade este ano estánse a elaborar convenios con tres entidades, ASPANAEX, DOA e DOWNVIGO para apoiar o desenvolvemento dos seus proxectos de vida independente, coa cesión de tres pisos de propiedade municipal. Tense prevista a sinatura, xa o vindeiro ano.
- Coa colaboración do Colexio de Educación Especial "Saladino Cortizo" e conveniado coa Asociación Xuvenil ABERTAL, levouse a cabo, como novidade, un campamento específico para rapaces con discapacidad de dificil integración en actividades normalizadas. O campamento urbano realizouse do 18 ao 22 de xullo nas instalacións anexas á piscina municipal das Travesas e ía dirixido a nenos e xoves de 9 a 21 anos. Financiouse dende este Departamento por un total de 3000.- €
- Realizáronse todas as xestións e foi enviada toda a documentación requerida para a adhesión ao convenio de obras de accesibilidade coa Fundación ONCE e o IMSERSO.
- Estáse a realizar un estudio de necesidades e da realidade do colectivo das persoas con discapacidade na cidade de Vigo, para coñecer a realidade e planificar actuacións. O estudo tense contratado a unha empresa de Servizos Sociais, Gabinete de Trabajo Social, Grupo 5, que presentará un informe de avance a final de ano e terá o estudo rematado, previsiblemente no mes de febreiro.
- Celebración da campaña "DE BOA MAN" que tivo lugar, no mes de xuño, os días 1, 2, 3 e 4 de xuño e no mes de Nadal (estase a celebrar neste momentos), os días 14, 15,16 e 17. Como xa coñecedes consiste na exposición e venda de productos feitos por persoas con discapacidade que acuden ós centros ocupacionais da cidade. Colaboran sete asociacións que dispoñen destes talleres (APAMP, ASPAVI, DOA, San Rafael, ALENTO, ASPANAEX e Fundación MENELA). Esta actividade está financiada na súa totalidade por Obra Social de CaixaGalicia que aporta, a través dun convenio, 12.000 € para as dúas edicións.
7) En colaboración coa Cruz Vermella e financiado por Caixanova, durante o verán, do 1 de xullo ao 31 de agosto púxose en marcha, na praia de Samil, como xa veñe sendo habitual un dispositivo de accesibilidade para acceder á praia e ó baño. Unha pasarela na area e dúas cadeiras de baño adaptadas posibilitaron o baño no mar a persoas con mobilidade reducida. Tense previsto a súa instalación nos sucesivos veráns. En relación a esta cuestión habilitáronse cinco prazas máis de aparcamento na praia de Samil.
8) En colaboración coa Concellería de Vías e Obras estánse a realizar obras de accesibilidade por diferentes rúas da cidade.
9) Entre as xuntanzas máis salientables nas que se participou, están: a reunión cos responsables do PXOM o 12 de abril e as xuntanzas con VITRASA (25 de febreiro; 16 de marzo,...9
No tema de transporte acordáronse as seguintes accións:
- Funcionamento dun novo PMR
- Doce novos buses con rampla telescópica
- Gratuidade do bus para aquelas persoas que utilicen cadeira de rodas e un acompañante.
- Ampliación do horario do PMR
- Información das liñas accesibles na web de Vitrasa
- Contratación dunha persoa con discapacidade para xestionar o PMR
- Todos os buses accesibles circularán sempre na mesma liña, para facilitar o seu uso, e se procurará que sexa en liñas moi utilizadas.
- Posta en marcha de dous eurotaxis máis.