O Concello espera pór en marcha a escola infantil da rúa Palencia a finais de 2006
Vigo terá unha nova escola infantil municipal a finais de 2006. O proxecto deste novo centro, cuxas obras de construción están comezando na rúa Palencia, contempla unha planta baixa con aulas e espazos auxiliares para nenos e nenas de cero a tres anos, e unha planta alta para os profesores.
Na planta baixa ou principal estará a gardería propiamente dita, coas súas aulas, sala de usos múltiples, vestíbulos e corredores. Tamén se situarán nesta planta a cociña, o comedor, a despensa, a lavandería e os almacéns, así como un cuarto onde os pais poderán deixar os carriños dos nenos.
As aulas disporán de bañeira e unha mesa para cambiar cueiros. Nas aulas B e C haberá dous inodoros e dous lavabos adaptados á altura dos cativos. As zonas de baño estarán separadas por uns tabiques acristalados, o que permitirá ter un control visual deste espazo. Ademais, está prevista a instalación de tabiques mobibles para independizar, cando for necesario, as zonas de descanso das de actividade.
Na planta alta estará a zona de dirección e profesorado, e na súa distribución contémplase a posibilidade de unir a sala de profesores coa sala A.N.P.A., en caso de ser preciso un maior espazo.
O Concello decidiu elixir a rúa Palencia para situar esta nova gardería tendo en conta o seu carácter céntrico e as súas boas comunicacións. Outro factor decisivo foi a alta procentaxe de poboación nova que reside no Calvario.
A Xunta de Goberno, na súa sesión de 18 de novembro de 2004, encargoulle ao arquitecto Alberto Cominges o proxecto básico e de execución desta escola infantil. O 13 de abril de 2005, o Concello asinou coa Consellería de Familia un convenio de colaboración para o cofinanciamento deste centro en tres fases. Así, o importe deste convenio, 329.000 euros, distribuirase entre 2005 (100.000 euros), 2006 (100.000 euros) e 2007 (129.000 euros). Finalmente, a Xunta de Goberno acordou o 4 de novembro deste ano a contratación das obras. A empresa adxudicataria é Alcuba SA, por un importe próximo aos 450.000 euros.
O concelleiro de Educación, Ignacio López-Chaves, dixo hoxe mércores durante a presentación deste proxecto que o Concello está a buscar terreos na zona oeste da cidade para construír unha nova gardería municipal. Deste xeito, e contando coa nova escola infantil de Saiáns, o actual Goberno Local espera pór en marcha durante o seu mandato tres centros destas características, co cal se duplicaría o número de escolas infantís municipais en Vigo. As outras tres, construídas en mandatos anteriores, son as do Casco Vello, Lavadores e Teis.