martes, 20 decembro 2005

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo reproba o Goberno local

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou hoxe martes, cos votos favorables do PSdeG-PSOE e do BNG, os votos en contra do PP e a abstención do PG, unha moción de reprobación ao Goberno municipal presentada polos socialistas e enmendada polos nacionalistas, "pola negativa xestión na ordenación urbanística da cidade".

Madama Butterfly, de Puccini, no Centro Cultural de Caixanova

martes, 20 dec 2005

O mércores, 21 de decembro, ás 20.00 horas, terá lugar no auditorio do Centro Cultural Caixanova, a representación de MADAMA BUTTERFLY, unha das obras cumes de Giacomo Pucini, coa que se clausura a tempada Lírica de Outono, organiza polos Amigos da Opera de Vigo e patrocinada polo Concello e a Deputación de Pontevedra.