O MARCO ofrece un taller de Manga do 27 ao 29 de decembro
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) ofrece un taller de Manga a todas as persoas interesadas, a partir dos 14 anos. O taller, que se centrará nas nocións de debuxo e guión de Mangas, desenvolverase durante os días 27, 28 e 29 de decembro baixo a dirección do profesor de Cómic na Escola Joso de Sabadell Tomás Morón.
Na sesión do martes 27 tratarase da creación de personaxes, atendendo ás características das súas cabezas e corpos. O mércores 28 os asistentes aprenderán as nocións da linguaxe dos cómics, relativas ao uso de metáforas visuais, liñas cinéticas e tipos de planos. Na última sesión, o xoves 29, cada participante elixirá un tema para unha páxina que realizará baixo a supervisión do profesor do taller.
Ao rematar o taller cada participante recibirá un diploma acreditativo da súa asistencia e aproveitamento.
O profesor
Tomás Morón Aranda, de 33 anos, é profesor de Historia do Cómic en 1º de Artes Gráficas, de Manga e de Cómic na Escola Joso de Sabadell. Iniciou a súa formación na Escuela de Artes y Oficios de Huesca, onde cursou a especialidade de Deseño Gráfico. Posteriormente cursou a especialidade de Cómic na Escola Joso de Sabadell. Ao rematar estes estudos comezou a súa carreira profesional e incorporouse ao cadro de profesores da propia Escola Joso.
Inscrición
O número de prazas está limitado a 25 participantes. Unha vez rematado o prazo de inscrición, a partir do 22 de decembro, o MARCO chamará ás persoas seleccionadas para confirmar a súa inscrición no taller e facilitarlles o número de conta en que poderán facer efectivo o importe da matrícula. A selección dos 25 participantes farase seguindo a orde de recepción das fichas de inscrición. Os membros da Agrupación de Amigos do MARCO terán reserva preferente.
A inscrición pode formalizarse no despacho de billetes do MARCO, por fax (986 113 901), por correo electrónico (marta.viana@marcovigo.com) ou por correo postal (A/A Departamento de Comunicación e Didáctica. Ref: taller de Manga. Príncipe 54. 36202 Vigo).
Descargar todas as imaxes