Escoitar

Programación de Nadal da Biblioteca Central

A Biblioteca Pública Central de Vigo organiza durante as festas de Nadal, dende o día 26 de decembro ata o 5 de xaneiro, diversas actividades destinadas aos máis pequenos.

venres, 23 dec 2005
1135346417bi.jpg
Todas as actividades son ás 11:00 e ás 18:30. Só unha precisa anotarse previamente: "Obradoiro de ilustración de cómic" (2, 3, 4 e 5 de xaneiro ás 11:00). O resto das actividades son de entrada libre ou ata completar aforo.

Relación de actividades

Obradoiros de Nadal (ás 11:00)
Mércores 28 para maiores de 7 anos
Xoves 29 ata 7 anos

Cine de Nadal (ás 11:00)

Luns 26 para maiores de 7 anos: "CUENTO DE NAVIDAD DE CHARLES DICKENS" (animación)
Martes 27 para nenos ata 7 anos: "ELMO SALVA LA NAVIDAD /BARRIO SÉSAMO"

Contacontos (entrada libre)
Xoves 29 ás 18:30: PAULA CARBALLEIRA
Venres 30 ás 11:00: CANTA-CONTOS CON MIGALLAS
Luns 2 ás 18:30: CONTACONTOS CON SKÈNE

Obradoiro de ilustración de cómics (de 9 a 14 anos. Inscripción previa)
Días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro ás 11:00

Obradoiro "O noso agasallo para os Reis Magos"
Martes 3 ás 18:30

"A xogar" (espectáculo, xogos e cancións)
Mércores 4 ás 18:30
Descargar todas as imaxes