Escoitar

O Concello e Míchel Salgado porán en marcha este Nadal a campaña "Ningún neno sen xoguete"

Os Servizos Sociais do Concello de Vigo e o futbolista Míchel Salgado distribuirán este Nadal 700 xoguetes aos nenos necesitados a través de diversas asociacións. A iniciativa, chamada "Ningún neno sen xoguete", partiu do xogador do Real Madrid.

xoves, 22 dec 2005
Míchel Salgado púxose en contacto con Alcaldía para ver como se podería facer chegar os xoguetes aos nenos con menos recursos económicos. Finalmente, a tarefa recaerá en varias asociacións que colaboran cos Servizos Sociais do Concello: Cáritas-Gardería, AFAN, MADRO, o comedor "Sal de la Tierra", Cruz Vermella, Casa da Caridade e San Rafael.

Míchel Salgado recibirá o agradecemento do Concello e das asociación nunha recepción que terá lugar no propio Concello o día 31 de decembro.